Talleres

Talleres en Marem

Onde a información é poder.

Dilatación en parella

O acompañamento durante o parto é fundamental, o pode facer a experiencia moito máis enriquecedora e sinxela. Con este taller ademais de realizarnos acompañamento en todas as súas vertentes, tratamos de achegar as parellas exercicios e posturas non só para o proceso de parto senón tamén para toda a recta final do embarazo.

Porteo

Este método de transporte ten múltiples beneficios para o bebé (mellora o esquema corporal e o desenvolvemento neurolóxico e vestibular, facilita o sono, regula a frecuencia cardiorespiratoria…) e para o porteador (é antiálxico, antidepresivo, mellora a hixiene postural, favorece o vínculo…). O complicado está en elixir un portabebés axeitado dado que o marketing pode levarnos a mercar un  que sexa pouco ergonómico (tanto para o bebé como para o porteador), e saber cómo utilizalo correctamente para desfrutar de todos os seus beneficios. Neste taller coñecerás cales son os portabebés axeitados para mercar e realizarás prácticas baixo a supervisión de unha experta.

Lactancia

A lactancia debe ser unha experiencia agradable e beneficiosa para as partes participantes. Na actualidade existen múltiples accesorios para acompañar a lactancia pero existen pouco coñecemento e cultura de cales son as ferramentas que realmente precisamos para desfrutar desta experiencia. Neste taller informarase dos tipos de lactancia, de como e cando comezar a lactancia, das posibles dificultades que se poden presentar e de como podemos solventalas así como das diferentes posicións e posturas para o amamantamento.

BUY NOW
Precisas axuda?