Somos profesionais da fisioterapia
Marta Regueira Martínez (fisioterapeuta col.2140), dirixe este centro en Carballo. Graduada en fisioterapia pola Universidade de A Coruña, leva máis de 10 anos desenrolando a súa actividade profesional en diversos centros da comarca.
Cunha visión global da saúde encamiñou a súa formación cara o ámbito do exercicio terapéutico (pilates terapéutico), e a reeducación postural (cadeas fisiolóxicas, Método Busquet), coñecedora da interacción de tódolos sistemas formase en Nutrición aplicada aos procesos fisioterapéuticos o que lle da unhas ferramentas para ver a globalidade das patoloxías e axuda a un mellor traballo multidisciplinar.
Sen esquecer a importancia da terapia manual fórmase en Indución Miofascial (1,2) e en punción seca. Na procura do traballo global atópase con un campo apaixoante … a fisioterapia en pelviperinealoxía, que non é máis que o traballo nos ámbitos da uroxinecoloxía, obstetricia, coloproctoloxía e sexoloxía. En este campo está amplamente formada con profesionais de alto nivel en Método 5P, Fisiosexoloxía, Tratamento miofascial en pelviperinealoxía (concepto GDP) etc.
Cristina Varela Hermida (fisioterapeuta col.3121),
Graduada en fisioterapia pola Universidade de Vigo, sendo previamente titulada como técnico en Imaxe para o Diagnóstico, o que lle outorga una ferramenta extra na valoración de diversas patoloxías. Presenta experiencia no desenvolvemento persoal e profesional en diversos centro da comarca e da provincia de Pontevedra.
Ofrece una metodoloxía de traballo centrada na continua formación para ofrecer aos pacientes una atención o máis completa e personalizada posible a través do razoamento clínico, a terapia manual e o exercicio terapéutico. Dita formación complementaria abrangue dende técnicas tan coñecidas como o masaxe, ata as terapias máis innovadoras como as baseadas na rehabilitación da musculatura extraocular, pasando por diversos campos como a punción seca, concepto Mulligan e a realización do posgrado en osteopatía da EOM (Escola de Osteopatía de Madrid) entre outras.
Asemade, presenta experiencia en drenaxe linfático manual polo método Leduc, así como no manexo de presotepia e realización de vendaxe multicapa; tratamento de fisioterapia respiratoria e cólico do lactante entre outras patoloxías.
Cal é a Filosofía de Marem?
En Marem enténdese a saúde como un estado global de benestar.
Non ven patoloxías, ven persoas con doenzas determinadas causadas por unha perda da homeostase global.
Dámoslle importancia aos aspectos físicos que abordamos directamente, pero temos moi presentes os aspectos nutricionais e psicolóxicos para así poder dar a mellor atención e cobertura multidisciplinar aos pacientes se fose necesario.