Que facemos

Coidamos da túa saúde

Fisioterapia en Pelviperinealoxía

Esta rama da fisioterapia abarca os campos da uroxinecoloxía, obstetricia, coloproctoloxía e sexoloxía. Tratando as alteracións músculo-aponeuróticas do chan pelviano, a estrutura ósea da pelvis e as súas articulacións cuxa funcionalidade será decisiva para evitar alteracións na fisioloxía e na posición das vísceras e as estruturas abdomino- perineais.

Valoramos e tratamos alteracións como a Incontinencia urinaria, vexiga hiperactiva, prolapsos (descensos de órganos cara a vaxina), correcta mobilidade visceral, dores menstruais derivados de retraccións miofasciais, dor pélvico crónico…

Acompañamos as mulleres embarazadas no seu camiño axudándolles a prepararse físicamente para o parto da mellor maneira posible, así como aliviamos as dores físicas derivadas do propio embarazo (lumbociatálxias, síndrome do piramidal, etc…).
O embarazo é un acontecemento vital para a muller, suceden unha serie de cambios importantes aos que o corpo ten que adaptarse da mellor maneira. O crecemento da barriga que alberga ao novo ser provoca un estiramento dos ligamentos que anclan o útero, así como os ligamentos da pelvis, as visceras teñen que replegarse deixándolle sitio para o útero, as cadeiras ensánchanse, a pelvis modifica a súa posición e o diafragma elevase. Intentamos que o corpo esté preparado para todas estas adaptacións.

Durante o embarazo o corpo da muller sofre cambios importantes, hai unha distensión do abdome (podendo provocar unha diástase dos rectos abdominais), o chan pelviano ten que soportar o peso da barriga, o esquema corporal adaptase para soportar este peso provocando unha alteración postural etc. Ademáis disto durante o parto poden ocorrer episiotomías, partos instrumentas, cesáreas…
Todo isto fai que despois do alumbramento o corpo tarde en recuperarse e adquirir a súa nova normalidade. En Marem valoramos todos os aspectos relacionados con estas alteracións dende as cicatrices de episiotomías e cesáreas, a postura, o abdome (presenza de diástase), o chan pelviano etc; e adaptamos un tratamento personalizado para cada muller nese momento tan novedoso na súa vida.

Ademáis ofrecemos grupos reducidos de rehabilitación postparto, nos que as mulleres poden compartir as súas experiencias ademáis de recuperar a forma física.
Estos grupos non eximen dunha valoración individual para adaptar o traballo de forma persoal.

Profundiza no tratamento de incontinencias ano/rectais, estreñimento de orixe ano/rectal, disinerxia recto-esfinteriana, rectoceles, dor ano/rectal.

A dor durante as relacións sexuais nunca é normal, por iso, nesta rama da fisioterapia ponse énfasis no tratamento das dispareunias, anorgasmia, vaxinismo, etc…

Dor localizado na rexión pélvica situado dende a rexión do baixo vientre e entre as caderas. Ocasionado en moitos casos por alteracións na estática visceral, patoloxías como a endometriose, etc…

Método 5P (Logsurf)

Consiste nun método propioceptivo para tratalos músculos perineais e as disfuncións do chan pelviano a través da postura. Úsase o pé como vía de entrada da información que permite facer pequenas regulacións posturais poñendo en xogo as fibras tónicas perineais, permitindo o seu despertar a vez que a súa tonificación.

A través deste método tamén se tratan os músculos abdominais e reequilibranse as tensións musculares de todo o corpo, principalmente diafragma e músculos da esfera pélvica. É un método que fomenta o estímulo da cadena de enderezamento e por iso leva a xestión das presións toraco-abdominales.

Ximnasia Abdominal Hipopresiva

Consiste en xerar unha hipopresión na nosa cavidade abdominal e pélvica a través dunha aspiración en apnea espiratoria (sen aire) do diafragma torácico, xerando unha presión negativa no abdome que implica unha verdadeira succión das nosas visceras, ademáis dunha activación por vía reflexa da musculatura do chan pelviano e da nosa faixa abdominal.

Exercicios de conciencia perineal

Moitas mulleres teñen un esquema corporal no que non aparece o seu chan pelviano, a falta de visibilidade e de educación sexual fai que moitas non diferencien unha contracción do chan pelviano. Por iso é de suma importancia o aprendizaxe a recoñecer o noso chan pelviano, a sentir a súa contracción, e a incluílo no esquema corporal global.

Exercicios de Kegel

Os exercicios de Kegel forman parte da recuperación do chan pelviano pero non son válidos como recuperación única como se pensaba hai moitos anos. Sabemos da importancia deste tipo de exercicios de contracción illada pero tamén recoñecemos a importancia de que estos sexan pautados por un profesional adaptando a súa intensidade, repeticións e series, tras unha valoración.

Terapia manual

Conxunto de técnicas manuais encamiñadas a mellorar a movilidade, elasticidade e integridade dos texidos. Dende masoterpia e kinesiterapia pasando pola Inducción Miofascial.

Inducción Miofascial. A inducción miofascial é un método de evaluación e de tratamento das tensións da fascia encamiñado a eliminar as súas restriccións e equilibrar a función corporal alterada. A fascia é o texido conxuntivo que rodea tódolos órganos en forma tridimensional permitindo a súa correcta posición e funcionamento. Cada músculo e cada unha das súas fibras están rodeados por fascia e o recorrido desta é continuo.

Punción seca

É unha técnica invasiva na que se utilizan agullas como as de acupuntura para o tratamento do síndrome de dor miofascial causado por puntos gatillo (nós dolorosos dentro dunha banda tensa dun músculo).

Reeducación Postural e Exercicio Terapéutico

O movemento xusto é imprescindible para unha boa saúde física e mental.

En Marem buscamos a través do exercicio controlado a rehabilitación das doenzas derivadas de malas posturas, ou patróns de movemento alterados.

A visón que se fai do corpo humano dende este método é unha visión global, facendo unha análise das cadeas musculares, así como da cadea visceral, neuromenínxea, cráneo e ATM. Realízase a observación da postura global e do movemento de cada segmento e basándonos nesto deseñamos un plan terapéutico adaptado a cada persoa usando tanto técnicas manuais como exercico terapéutico para así conseguir mellorar a postura e a calidade de movento dos pacientes.

O método pilates consiste nun conxunto de exercicios para tonificar e mellorar a elasticidade do corpo. A este método dáselle un matiz terapéutico adaptandoo ao tratamento das distintas patoloxías que poidan aparecer na clínica.

Ten o seu orixe no uddiyana bandha do ioga, leva xa uns anos en auxe debido ao seu estudo para a rehabilitación do chan pelviano na cal se obteñen grandes resultados, sábese ademáis dos seus beneficios a hora da tonificación da musculatura estabilizadora (a máis profunda) do abdome, e a nivel visceral(mellorando a movilidade das visceras). Ademáis xunto con determinadas posturas axúdanos na reeducación postural e na movilidade neuromenínxea.

Fisioterapia en Pediatría

Dende a fisioterapia, pódense abarcar diversas alteracións e doenzas habituais que ocorren durante o desenvolvemento dos meniños. Como patoloxías respiratorias, dixestivas, estruturais… Tendo en conta que o correcto progreso inflúe directamente na formación da súa estrutura músculo-esquelética e no seu funcionamento, é de gran relevancia a atención precoz para que calquera destas alteracións se corrixa dende a propia orixe, de forma que non haxa compensación asociada no futuro.

Valoramos e tratamos diversas patoloxías relacionadas co aparato respiratorio. O obxectivo da terapia adáptase a cada paciente (tendo en conta que os bebés presentan un sistema inmune inmaduro) son máis propensos a adquirir estas enfermidades, podendo mellorar a ventilación pulmonar ao traballar a musculatura respiratoria, ao aliviar as vías respiratorias de mucosidade, ao educar os pacientes para o correcto lavado nasal, ao reducir os tempos nos procesos de bronquiolite e coa conseguinte redución na inxesta de medicación.

Os meniños (sobre todo os prematuros) nacen cun tracto dixestivo inmaduro motivo polo cal as regurxitacións son habituais. Os cólicos son unha alarma habitual na maioría dos infantes pero tamén poden presentarse estrinximento ou disquecia do lactante. Ademais, o seu intestino non está preparado para dixerir diversos ingredientes que, de forma habitual son usados no leite de fórmula; por iso, sempre estaremos a favor do leite materno pero, cando non é posible hai que ter en conta que pode provocar un aumento do meteorismo no seu sistema. Outros factores a ter en conta está relacionado co agarre e co selado labial durante as tomas, dado que, se é deficiente, haberá maior entrada de aire. Grazas a fisioterapia estas afección poden resolverse de forma sinxela.

Aparello locomotor do bebé

A tortícolis ou a parálise braquial obstétrica presentan unha gran relación coa xestación e o parto, motivo polo cal é imprescindible que toda mamá vaia ben preparada á cita máis importante da súa vida: o nacemento do seu meniño/a. A tortícolis relaciónase coa posición que ó meniño/a puidera ter no ventre materno, dado que teñen tendencia a buscar unha posición de confort. Máis tamén está ligado á saída do canal do parto, xa que se realizan manobras que, en ocasións poden provocar unha fixación estrutural nas primeiras vértebras cervicais de xeito que o bebé presenta unha tendencia no xiro da cabeza.

Fisioterapia estrutural do bebé

Plaxiocefalia, dolicocefalia, braquiocefalia, craniosinostose… presentan gran relación co apartado anterior. O cranio dos pequenos é maleable polo que, se mantén un xiro determinado da cabeza, esta pode sufrir alteracións na estrutura con importantes repercusións no desenvolvemento visual e motor. Neste caso, é realmente importante a visita precoz a un especialista, dado que segundo o bebé vaia crecendo, a posibilidade de solucionar esta alteración diminúe polo peche das fontanelas.

Unha das cousas máis desexadas na maternidade é poder manter unha lactancia satisfactoria. Para que isto ocorra, é indispensable que as dúas partes estean ben compenetradas. O bebé nace cuns mecanismos moi específicos que lle permiten tras o parto reptar hasta o peito materno e poder facer unha succión plenamente satisfactoria sen apenas axuda, pero nalgúns casos poden existir dificultades. A anquilglosia é un trastorno que consiste en que unha banda tensa (freo sublingual) limita a mobilidade da lingua, co cal o proceso de succión pode verse alterado xerando dor nas tomas, feridas na mamila, mastite, fendas, aumento ou diminución da produción do leite… Ademais repercute no bebé dado que afecta a súa correcta mobilidade mandibular e orofacial.

O porteo é un sistema de transporte do bebé, que pode efectuarse dende o mesmo momento do nacemento ata que os seus proxetinores (ou o propio pequeno/a) decidan. Existen moitos materiais e portabebés diferentes que se poden adaptar ás vosas necesidade, pero non todos son ergonómicos/evolutivos aínda que, así, ó poña na embalaxe. O porteo é unha ferramenta de gran utilizade dado que favorece a exteroxestación, posto que a posición do meniño no porteador facilita o correcto desenvolvemento das súas cadeiras, mellora os problemas dixestivos, facilita a lactancia materna, traballa o mapa corporal do bebé, estimula o seu sistema vestibular, favorece o vínculo co porteador…

A asesora de lactancia é unha persoa que informa e acompaña no proceso de lactancia promvendo a saúde do infante e da nai. O proceso de amamantamento é instintivo para o recén nado sano pero é unha aprendizaxe adquirida para todas as mulleres. Por desgraza ou por fortuna, vivimos nun mundo sobreinformado onde, por tratar de facilitarnos a vida con diversos utensilios como poden ser o biberón ou os chupetes se nos dificultan outros aspectos como pode ser a lactancia materna. Certamente existe unha perda de cultura neste ámbito, polo que moitas mulleres afrontan dificultades durante a lactancia que non saben como resolver; inclusive na lactancia artificial, a elección dun biberón axeitado pode verse arduo ante tanta variedade.

O sono infantil é un proceso evolutivo ligado á maduración dos bebés, co cal non é unha secuencia de logros lineal, pero tamén está influenciado polo ambiente, a cultura e os hábitos familiares, entre otros aspectos. Para o asesoramento nesta disciplina, utilízase como base o código de boa praxis do CESI con adhesión ao seu código deontológico dispoñible en aquí

BUY NOW
Precisas axuda?