O mellor servizo individual e grupal
Traballamos de maneira individual ofrecendo o mellor tratamento adaptado a cada persoa.
Temos sesións grupais (en grupos reducidos, máximo 5 persoas) de exercicio terapéutico, prepraración ao parto, e rehabilitación postparto.
Grupos de preparación ao parto
Sesións grupais nas que adaptamos o corpo das mulleres para todos os cambios que van a ocorrer durante o proceso de embarazo. E ademáis preparamolas físicamente para o momento do parto, dándolle ferramentas para facilitar o proceso e empoderalas para ese momento vital. Dende posturas para as diferente etapas da dilatación, diferentes respiracións, tipos de puxos, ferramentas en parella etc…
Grupos de rehabilitación postparto
Encamiñados á recuperación do tono abdominal e do chan pelviano, ademáis da ganancia do tono en xeral que soe disminuir durante o embarazo. Enfocados sobre todo no reaprendizaxe da xestión de presións abdomino-pelvicas.
Traballamos co sistema winner flow de resistencia espiratoria para xerar unha correcta activación da musculatura profunda tanto do abdome como do chan pelviano, aquela que se encarga do sostén das nosas vísceras.
Rehabilitación de lesións musculo-esqueléticas
Prevención e tratamento de doenzas e disfuncións músculo-esqueléticas, que abrengue as coñecidas contracturas, roturas de fibras, rehabilitación postquirúrxica, próteses articulares, restablecemento da movilidade e capacidade funcional.
Busca como obxectivo aliviar a dor, reducir a inflamación, recuperar a movilidade ou mellorala o máximo posible, recuperar a funcionalidade e autonomía do paciente, aumentar a forza e mellorar a súa calidade de vida.
A través dunha análise da sintomatoloxía e unha exhaustiva valoración funcional elabórase una plan de tratamento adaptado a cada paciente.
Fisioterapia en Pelviperinealoxia
Pon énfase no tratamento da rexión que abrangue dende o abdome, pelvis e chan pelviano, incorporando esta rexión no esquema corporal. As alteracións abdominopélvicas non so propician disfuncións locais senon que influen na postura e estabilidade da columna e relaciónanse con todas as estructuras corporais dende a mandíbula ata os pés.
Fisioterapia Pediátrica
Fundaméntase na especialización, dentro da práctica da fisioterapia, das necesidades e características do neno. O paciente pediátrico é un mundo novo e marabilloso, dividido en idades que plantexan unha anatomía distinta e cambiante , cunha fisioloxía que madura ao mesmo tempo. A través de diversas técnicas pódense correxir asimetrías, alteracións morfolóxicas ou procesos agudos que melloren a situación do bebé e do neno permitíndolle a resolución de patoloxías sen afectos adversos.
Rehabilitación da musculatura extraocular
O avance na fisioterapia abriunos multitude de portas en canto ao abordaxe terapéutico de moitas patoloxías. Os nosos ollos son a porta de entrada ao SNC a través do cal procesamos gran cantidade de información, ditos organos están inervados e entrelazados con multitude de estructuras que poden beneficiarse da fisioterapia para o seu correcto funcionamento xunto co traballo de optometristas e oftalmologos.
Con respeco a parte na que podemos mellorasr esta función tratase dun sistema innovador de valoración e tratamento da musculatura extraocular, no cal se teñen en conta a globalidade do paciente dado que teñen unha gran influencia o comportamento postural do individuo. A súa impliación no día a día pode xerar fatiga en dita musculatura xerando disfuncións do sistema con cefaleas torticulis, disfunción posturair, cervicalxias síndromes vertixinosos etc…
Grupos de Hixiene Postural e Abdome
Estos grupos están dirixidos a persoas con algún tipo de patoloxía ou aquelas que debido ao seu traballo presentan dores recurrentes.
Faise un traballo encamiñado a mellorar a postura global mediante exercicios de forza, elasticidade e movilidade. Misturando os conceptos do pilates terapéutico, as cadenas musculares, os hipopresivos, ioga e a rehabilitación abdominoperineal para obter os mellores beneficios posibles.
Indiba
Corrente de alta frecuencia que modifica o metabolismo para mellorar o fluxo sanguíneo e a eliminación de toxinas. Ademais, acelera o proceso de cicatrización e reduce a dor e a inflamación. Pode utilizarse tras ciruxías e tamén para la reparación de tecidos, tendinopatías, roturas musculares, consolidación de fracturas, artrose, escordaduras, diastase, solo pelveano…
Presoterapia
Método non invasivo que exerce unha presión na zona corporal indicada coa intención de reactivar a circulación e mellorar o drenaxe do sistema linfático. Pode utilizarse con pacientes con determinadas alteracións vasculares, retención de líquidos, pesadez de pernas, embarazo, edema, tras a extirpación de ganglios linfáticos, linfedema e recuperación tras exercicio físico.