CENTRO DE FISIOTERAPIA EN CARBALLO

Horario

De luns a venres: 08:30 - 21:45

Onde estamos?

Estamos no centro de Carballo, na Rúa Laracha, 19 baixo Como chegar

Experiencia profesional

Somos titulados e colexiados. Temos unha experiencia profesional de máis de 10 anos. Dispoñemos dunha ampla e continua formación.

Sesións personalizadas

Cada persoa é única. Aínda que presente a mesma patoloxía a evolución é distinta. Un bo diagnóstico é clave para que o tratamento sexa efectivo.

O tempo non conta

O teu caso é particular, e o tempo para tratalo tamén. En Marem non temos os tratamentos acoutados a unha franxa horaria ríxida.

Se tes algunha dúbida, consúltanos como che podemos axudar, estaremos encantados de atenderte.

Achégate a coñecernos!

Marem é a túa clínica de fisioterapia en pleno centro da comarca de Bergantiños.

Tentamos que as nosas sesións sexan as de maior profesionalidade e trato humano posible.

Si tes algún tipo de dor ou molestia, non dubides en preguntarnos si che podemos axudar. Ofrecemos tratamentos de Fisioterapia manual, Punción seca, Reeducación postural e Fisioterapia en pelviperinealoxía.

Que facemos

Terapia manual

Empregamos técnicas manuais encamiñadas a mellorar a mobilidade, elasticidade e integridade dos tecidos.

Fisioterapia en Pediatría

Abarcamos diversas alteracións e doenzas habituais que ocorren durante o desenvolvemento dos meniños. Como patoloxías respiratorias, dixestivas, estruturais…

Reeducación postural

Exercicio orientado á rehabilitación das doenzas derivadas de malas posturas, ou patróns de movemento alterados.

Fisioterapia en pelviperinealoxía

Abordamos patoloxías derivadas do embarazo e a súa preparación, recuperación posparto, patoloxías uroxinecolóxicas e fisiosexoloxía.

Servizos individuais ou grupais

Traballamos de maneira individual ofrecendo o mellor tratamento adaptado a cada persoa.

Temos sesións grupais (en grupos reducidos, máximo 5 persoas) de exercicio terapéutico, Preparación ao parto, e rehabilitación posparto.

Tratamentos de patoloxías do doente

Unha das referencias do noso centro é a abordaxe de patoloxías clínicas.

Cada patoloxía ou lesión require un tratamento e planificación específica e diferenciada.

BUY NOW
Precisas axuda?